Luis López asina co alcalde de Poio, Ángel Moldes, o convenio para a mellora da imaxe e a mobilidade en Combarro coa achega de 727.000€ da Deputación

O presidente da Deputación destacou que o goberno provincial financia a través do Plan Extra e o +Provincia o 100 % dun proxecto que “é un acerto”

06/05/2025

Luis López e Ángel Moldes

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este luns o convenio de colaboración co alcalde de Poio, Ángel moldes, para o financiamento do proxecto de recuperación das contornas tradicionais e mellora da mobilidade peonil entre os núcleos de Casalvito e O Padrón. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Moldes selaron un acordo a través do cal o “a Deputación achega o 100 % do orzamento”, 545.000€ a través do devandito Plan Extra e os 183.000€ para cubrir a achega do Concello a través dos fondos do +Provincia.

O proxecto consiste na mellora da conexión entre os núcleos de Casalvito e Pereiro co de Combarro, unha contorna urbanística tradicional de elevada atracción turística e veciñal, a través dunha actuación integral que inclúe a renovación dos servizos básicos, así como a conexión da Praia do Padrón co casco histórico, coa contorna recuperada noutra actuación de Pedaporta, coa variante espiritual do Camiño de Santiago, coa senda peonil proxectada na PO-308, que unirá Combarro coa Seca; e cos aparcamentos disuasorios existentes e futuros. Así mesmo, proxéctase unha pavimentación nova en toda a superficie de intervención, eliminando todas as barreiras arquitectónicas, limitando o tráfico rodado e creando unha zona de prioridade peonil.

“O proxecto é un acerto”, afirmou o mandatario para dar os parabéns ao rexedor polo impulso desta obra ao tempo que destacabou cuestións decisivas coma “esa conexión coa mellora da PO-308 e proxectos pequenos pero grandes como os aparcamentos disuasorios para dar solución aos veciños e á xente que se achega a Combarro, que é unha referencia na provincia”.

A colaboración da Deputación co Concello de Poio non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial un total de 1,88M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":12874656,"groupId":"37861","name":"20250529_poio_rafaestevez_06.jpg","alt":"Luis López co alcalde de poio","title":"20250529_poio_rafaestevez_06.jpg","type":"document","uuid":"bb3d9685-234f-b424-4f22-eb5e887e86a5","fileEntryId":"12874656","resourcePrimKey":"12874673"}

Luis López reafirma o compromiso da Deputación coa rede de estradas provinciais cunha inxección de 1,8M€ para a mellora da EP-0601 entre A Seara e Campelo, en Poio

  29/05/2025

{"classPK":12744267,"groupId":"37861","name":"20250507_LuisLopez_PlanExtraSoutomaior_Restevez.jpg","alt":"Luis López co alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo","title":"20250507_LuisLopez_PlanExtraSoutomaior_Restevez.jpg","type":"document","uuid":"a6a36c89-e0c5-ad63-914e-debe28a814b1","fileEntryId":"12744267","resourcePrimKey":"12744567"}

Luis López asina co alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo, o convenio para reurbanizar o centro de Arcade cunha achega de 700.000 € da Deputación

  07/05/2025

{"classPK":12549817,"groupId":"37861","name":"20250407_LuisLopez_CasaCombarro_REstevez_01.jpg","alt":"O presidente provincial, Luis López, acompañado polo alcalde Ángel Moldes","title":"20250407_LuisLopez_CasaCombarro_REstevez_01.jpg","type":"document","uuid":"d667c120-5ecd-5261-23da-cda69842f9bb","fileEntryId":"12549817","resourcePrimKey":"12549865"}

Luis López anuncia un investimento de 240.000 euros da Deputación para a rehabilitación integral e conversión da Casa de Combarro nun centro de información turística

  07/04/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.