Luis López e Luisa Sánchez asisten en Vigo á procesión do Cristo da Victoria
02/08/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, vén de participar este domingo na procesión Festividade do Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo. O dirixente provincial acompañou a Confraría do Santísimo Cristo nun percorrido polas principais rúas do centro da cidade. A participación do presidente provincial supón unha mostra do apoio e compromiso da Deputación cos colectivos sociais e con tradicións tan arraigadas na cidade.