Luis López enxalza a aposta de Arbo pola recuperación do espazo público para as persoas en Barcela, financiada integramente pola Deputación con 405.500 €

O mandatario provincial, acompañado polo alcalde Horacio Gil, comproba o remate destas obras “que recuperaron para a veciñanza a contorna da capela de San Xoán de Barcela” e “transformaron a área central deste núcleo rural nun espazo moderno, bonito e seguro”

21/07/2025

Luis lópez visita arbo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, enxalza a aposta do Concello de Arbo pola mellora da mobilidade peonil da área central do núcleo de Barcela, financiada integramente pola Deputación con 405.500 € do Plan PON2030. Acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, o mandatario provincial comprobou o remate dunha obra que foi posible grazas á colaboración entre a administración municipais e provincial e que foi concibida para mellorar os servizos prestados á veciñanza e poñer solucións aos problemas de mobilidade de Barcela, explicou o presidente.

“As primeiras veces sempre marcan e, no caso de Arbo, esta actuación de mellora da mobilidade na contorna da capela de San Xoán de Barcela é un dos primeiros proxectos que impulsamos”, subliñou López.  “Temos recuperado para a veciñanza unha área central neste núcleo rural, a través da creación de espazos para peóns e ciclistas, do control do tránsito de vehículos e da posta en valor dos elementos patrimoniais da zona”, destacou o presidente quen engadiu que, desde agora, “a veciñanza ten á súa disposición un espazo moderno, bonito e seguro de acordo co modelo que promovemos desde a Deputación”.

Un compromiso da Deputación co Concello de Arbo que non se limita unicamente á colaboración neste proxecto. Este ano está previsto mobilizar preto de 1,1 millóns de euros “para seguir tendendo pontes con este municipio e así, seguir transformando e modernizando a provincia, con máis e mellores servizos para a veciñanza”. Ao respecto, o presidente Luis López recordou actuacións impulsadas en Arbo como a reforma dun edificio para poñer en marcha un centro de atención á infancia ou o convenio para a mellora da estrada provincial EP-5201.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.