Luis López recibe no Pazo provincial aos dirixentes da Coral Polifónica de Pontevedra, unha institución emblemática na protección e difusión da cultura galega
29/04/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantén un encontro no Pazo provincial co presidente da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, José Raposeiras; e outros membros desta entidade emblemática para a cultura na provincia. Un encontro de traballo que serviu para estreitar lazos entre dúas institucións que traballan conxuntamente desde hai na protección e difusión da cultura galega, unha mostra desta alianza foi a recente entrega do premio Otero Pedrayo, un dos galardóns máis prestixiosos de Galicia que entregan cada ano as catro deputacións e a Xunta de Galicia e que a Coral Polifónica recibiu este ano no Pazo provincial. A reunión serviu tamén para abordar asuntos de interese mutuo e explorar novas vías de colaboración entre as dúas institucións.
