Luisa Sánchez felicita os clubs da ría de Vigo por contribuír á desestacionalización do deporte da vela coa Liga de Inverno Cíes-Rande

20/04/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou no Monte Real Club de Yates de Baiona no acto de entrega de trofeos da Liga de Inverno Cíes-Rande. Esta proba, que impulsa a institución provincial xunto coa Xunta de Galicia, ten por obxectivo, tal e como recordou Sánchez, “fomentar o deporte da vela e a súa desestacionalización”.

Deste xeito, co acto desta tarde, péchase a etapa inverno-primavera desta proba náutica que se retomará o vindeiro 14 de setembro, tamén no Monte Real Club de Yates de Baiona, e continuará o 5 de outubro no Liceo Marítimo de Bouzas, o 26 do mesmo mes no Real Club Náutico Rodeira de Cangas, o 16 de novembro no Club Náutico San Adrián de Cobres, o 30 dese mes no Club Social Moaña Mar e rematará o 14 de decembro no Real Club Náutico de Vigo nunha xornada na que terá lugar a entrega de premios finais da liga.