Luisa Sánchez pon en valor a solidariedade das persoas, entidades e empresas galardoadas na primeira edición dos Premios Cada Neno Un Xoguete

12/12/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, puxo en valor a solidariedade das persoas, entidades e empresas galardoadas na primeira edición dos Premios Cada Neno Un Xoguete, que naceron co obxectivo de recoñecer o compromiso social de compañías, colectivos e figuras destacadas no Nadal. Durante a súa intervención na gala celebrada na noite deste xoves en Vigo, a representante provincial agradeceu as achegas dos e das distinguidas, que “fan posible que a ilusión chegue a todos os fogares”. “Grazas por estar, por sumar e por crer que cada neno e cada nena merecen un agasallo, si, pero sobre todo merecen saber que hai xente que pensa neles e nelas”, indicou.

Os premios desta edición inaugural foron para Iago Aspas, Miguel Costas, María Pérez, María José Mangas, Femxa, Froiz, Howden, Xpress Mensajeros, El Museo del Tiempo, Recalvi, Votoramtin Cimentos, De Impresión Digital, Centro Comercial Camelias e a Policía Portuaria.