Luisa Sánchez pon en valor os Premios Imaxes do Patrimonio por “promover o diálogo entre xeracións”
14/11/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, puxo en valor este venres os Premios Imaxes do Patrimonio por “promover o diálogo entre xeracións”. Durante a cerimonia de entrega destes galardóns, creados pola asociación Ponte nas Ondas y apoiados pola institución provincial, Luisa Sánchez felicitou á organización polo labor desenvolvido na difusión e salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, que se plasma nun certame no que o alumnado da provincia e do norte de Portugal evoca as imaxes, as vivencias e os relatos dos seus antepasados máis próximos. “Imaxes do Patrimonio fomenta a participación do alumnado e as súas familias, e tamén promove que a mocidade se pregunte de onde veñen as cousas e que significan para os seus avós”, resumiu Luisa Sánchez.


