Luisa Sánchez reúnese co profesorado para coordinar a nova convocatoria do programa Erasmus Plus
01/10/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores nunha reunión de traballo co profesorado adherido ao programa Erasmus Plus, de cara á convocatoria de 2025. Neste encontro, abordáronse cuestiones de organización e coordinación das estadías de aprendizaxe que se realizan ao estranxeiro.
Erasmus Plus concedeu 131 mobilidades -16 de persoal docente e 115 de alumnado- entre xuño de 2023 e maio de 2025. Desde o 1 de xuño deste año aprobáronse 84 mobilidades de alumnado e existe a posibilidade de que se outorguen once máis. Do mesmo xeito, está previsto ampliar en dous meses as estadías de 51 persoas, alcanzando así unha duración de medio ano.
