Luisa Sánchez asiste ao tradicional xantar de primavera da Asociación Veciñal Praza da Miñoca
12/04/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo no tradicional xantar de primavera organizado pola Asociación Veciñal Praza da Miñoca. A representante provincial neste encontro de confraternidade celebrado no Hotel Coia destacou o labor da entidade na dinamización do barrio e subliñou que “actividades coma esta nos permiten compartir experiencias, fortalecen lazos e nos fan sentir máis próximos uns dos outros”.
