Luisa Sánchez asiste á apertura do obradoiro de plantas medicinais do programa provincial +Xuntas no que participa a Asociación Veciñal Emilio Crespo de Navia

16/05/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres á apertura do curso de plantas medicinais do programa provincial +Xuntas no que están a participar mulleres da Asociación Veciñal de Consumidores, Usuarios e Cultural Emilio Crespo de Navia. A vicepresidenta salientou que as participantes aprenderán a identificar e clasificar distintos tipos de plantas, os usos que se lles pode dar e “incluso os beneficios que teñen para a nosa saúde”. Luisa Sánchez destacou que, mediante as accións de +Xuntas, a Deputación ten como obxectivo “mellorar a formación das mulleres e crear redes de apoio mutuo que favorezan a vosa implicación activa e a creación de vínculos”. Ademais, enmarcou esta iniciativa dentro do “firme compromiso deste goberno coa igualdade”. A vicepresidenta provincial tamén recordou que nesta edición do programa +Xuntas participarán máis de 200 colectivos, reunindo arredor de 5.000 mulleres procedentes de 56 concellos ao longo do 2025.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 11 resultados.