Luis López sinala o investimento de medio millón no campo de fútbol da Lagoa, en Mondariz, como proba da aposta deportiva da Deputación

O presidente da Deputación recibiu este xoves no Pazo provincial á tenente de alcalde Elena Naveira para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa “PON2030”

21/12/2023

Luis López, e a tenente de alcalde de Mondariz, Elena Naveira

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a tenente de alcalde de Mondariz, Elena Naveira, asinaron este xoves un convenio de colaboración enmarcado no “Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 (PON2030)” a través do cal o Goberno provincial financiará con máis 400.000 euros, o 85 % do orzamento, os traballos para a reforma do campo de fútbol e da creación dunha zona de deportes na Lagoa. O Concello, pola súa banda, achega o 15 % do total, preto de 75.000 euros. O protocolo asinouse este xoves no Pazo provincial, nun acto no que Luis López reafirmou o compromiso do Goberno provincial coa mellora das instalacións deportivas en todo o territorio pontevedrés.

A obra, valorada preto de medio millón de euros, servirá para a reforma do campo de fútbol e da creación dunha zona de deportes na zona norte do complexo deportivo da Lagoa, no termo municipal de Mondariz. O proxecto baséase en cinco actuacións concretas centradas, en primeiro lugar, na substitución do pavimento actual de céspede artificial, así mesmo a construción de dúas pistas exteriores: unha de pádel e outra de baloncesto; procederase tamén á urbanización da contorna destas pistas coa instalación dunha zona de tenis de mesa, a mellora dos accesos e a implantación dunha zona verde. Do mesmo xeito, está proxectada a instalación baixo a bancada dun espazo para aulas deportivas e almacéns, así como paneis fotovoltaicos para a subministración eléctrica.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre a Deputación e o Concello de Mondariz realízase coa modificación das bases do programa “PON2030” xa en vigor. Unha modificación que compatibiliza a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo Goberno provincial se vexa reducido.

O presidente Luis López sinalou que este acordo de colaboración se trata dunha nova mostra do municipalismo que rexe a acción de goberno da Deputación e un novo paso cara acadar o obxectivo de modernizar as instalacións deportivas da provincia, que serán máis modernas e eficientes enerxeticamente.

Novas relacionadas

{"classPK":6201106,"groupId":"37861","name":"20232112_PON2030_Nigran.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Nigrán, Juan González","title":"20232112_PON2030_Nigran.jpg","type":"document","uuid":"9dafb1b4-c847-9f66-522d-d65777e2a15b","fileEntryId":"6201106","resourcePrimKey":"6201133"}

Luis López ilustra o impulso da Deputación ás zonas verdes ao investir case un millón de euros no parque da Ramallosa de Nigrán

  21/12/2023

{"classPK":6200071,"groupId":"37861","name":"20231220_LUIS_LOPEZ_PON2030_PORRINO.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo","title":"20231220_LUIS_LOPEZ_PON2030_PORRINO.jpg","type":"document","uuid":"b614aca6-699c-4680-5c5f-a57730b5433b","fileEntryId":"6200071","resourcePrimKey":"6200087"}

Luis López destaca a colaboración da Deputación co Concello do Porriño para comezar a reforma urbana da contorna do centro social cun investimento de 1,4 millóns de euros

  20/12/2023

{"classPK":6191197,"groupId":"37861","name":"20231912_PON2030_Moana_02.jpg","alt":"Luis lópez e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos","title":"20231912_PON2030_Moana_02.jpg","type":"document","uuid":"656f9fc3-cfd2-40be-3f47-1dce27b6b221","fileEntryId":"6191197","resourcePrimKey":"6191329"}

Luis López remarca o compromiso da Deputación co patrimonio cultural para destinar 900.000 euros a recuperar as carpinterías de ribeira de Moaña

  19/12/2023