A Deputación leva este sábado á Lama o programa provincial +Música cunha actuación de Odaiko

O grupo actuará na Alameda ás 22:00 horas

06/08/2025

+Música A Lama

A Deputación de Pontevedra leva este mércores 13 de agosto á Lama un concerto de Odaiko enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Alameda ás 22:00 horas.

Con máis de 20 anos nos escenarios como grupo e máis de tres décadas no caso dos seus artistas, Odaiko está formado por percusionistas profesionais con carreiras internacionais e recoñecidos galardóns que avalan a súa traxectoria. Na súa actuación na Lama ofrecerán o seu espectáculo ‘Orixes’, un proxecto no que unen percusión, voz e unha nutrida posta en escena que trata de redimensionar o pasado e a orixe de elementos cotiáns que constitúen o froito dos instrumentos que temos na actualidade.

O concerto de Odaiko é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.