María do Ceo ofrece este sábado o seu espectáculo “Galicia Nai” na Cañiza ao abeiro do programa “Musigal”

A praza Maior acollerá a actuación a partir das 23:00 horas no que será o inicio da 57ª Festa-Feira do Xamón da Cañiza

10/08/2023

A cantante María do Ceo ofrecerá este sábado 12 de agosto un concerto que dará comezo, da man da Deputación, á programación da 57ª Festa-Feira do Xamón da Cañiza. A actuación, que se celebrará desde as 23:00 horas na praza Maior do concello, enmárcase no programa provincial “Musigal”. A Deputación de Pontevedra puxo en marcha esta iniciativa para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e, ademais, fomentar o uso e a normalización social da lingua.

Nada en Porto (Portugal) e afincada en Galicia, María do Ceo fai 25 anos de carreira musical neste 2023. Ao longo destes anos, a súa extensa traxectoria acumula 17 discos no mercado. O máis recente foi publicado este mesmo ano baixo o título ‘Galicia nai’, un traballo comprometido coa lingua galega e coa violencia de xénero. No concerto que ofrecerá este sábado, a cantante interpreta poesías de autores galegos como Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Armando González, Carvalho Calero, Xosé Velo, Manuel María ou Ramón Cabanillas acompañada dunha banda de catro músicos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 15 resultados.