O grupo de percusión Odaiko ofrece este martes unha actuación en Cuntis ao abeiro do programa “Musigal”

A praza da Constitución acolle o recital a partir das 22:00 horas no marco das festas patronais

14/08/2023

O grupo Odaiko ofrecerá este martes 15 de agosto unha actuación en Cuntis que comezará ás 22:00 na praza da Constitución do concello. A cita, que constitúe un dos pratos fortes da programación musical das festas patronais, enmárcase no programa provincial “Musigal”. Con esta iniciativa posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, a institución provincial busca contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e, ademais, fomentar o uso e a normalización social da lingua.

Con máis de 20 anos nos escenarios como grupo, e máis de tres décadas no caso dos seus artistas, Odaiko está formado por un equipo de percusionistas profesionais con carreiras internacionais e recoñecidos galardóns que avalan a súa traxectoria. Na súa actuación en Cuntis ofrecerán o seu espectáculo ‘Orixes’, un proxecto no que unen percusión, voz e unha nutrida posta en escena que trata de redimensionar o pasado e a orixe de elementos cotiáns que constitúen o froito dos instrumentos que temos na actualidade.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.