Rafa Domínguez clausura as IV Xornadas Xurídicas de FEMUPO, centradas nas violencias dixitais contra as mulleres
05/11/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na clausura das IV Xornadas Xurídicas de FEMUPO, celebradas este mércores e xoves no Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra, e que estiveron centradas nas violencias dixitais contra as mulleres. Ao longo das xornadas abordáronse cuestións como o control a través do móbil, a difusión de imaxes sen consentimento e o acoso nas redes sociais, así como as ferramentas legais para identificar, previr e combater estas formas de violencia machista.
Durante a súa intervención, Domínguez lembrou que “a violencia machista non é un problema privado nin doméstico, senón que é un problema estrutural” e destacou o compromiso da Deputación de Pontevedra co desenvolvemento de políticas de igualdade, o reforzo dos programas de prevención e o apoio aos concellos pequenos para que ningunha muller quede sen recibir apoio e atención.
