Luisa Sánchez participa na presentación de Vigo Porté

10/04/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na presentación da nova edición de Vigo Porté, “o festival internacional de disciplinas de baile que xa se consolidou na axenda cultural da cidade olívica”. Sánchez remarcou o éxito de participación, o carácter solidario do festival e as novidades desta edición, que traerá ata Vigo a máis de 1.000 bailaríns e bailarinas que realizarán un total de 421 coreografías entre o 24 e o 27 de abril. E incidiu, tamén, na aposta do goberno provincial pola cultura, con programas como +Escénicas que este ano dará un impulso ás actuacións de danza.

Galerias de imagenes