A Deputación reúne este xoves e venres no Pazo provincial a escritores da talla de Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois no II Encontro Pontevedra Literaria

O encontro terá lugar no Salón de Plenos do Pazo Provincial os días 23 e 24 de outubro baixo o lema “Escribir o que non se di”. As prazas para asistir á xornada do venres están esgotadas e quedan algunhas dispoñibles para a do xoves

21/10/2025

A Deputación reúne este xoves e venres na capital da provincia a escritores da talla de Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois no II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes e baixo o lema "Escribir o que non se di". Esta xuntanza naceu para dar resposta ao crecente interese amosado pola mocidade nas iniciativas de creación literaria e artística, manifestado no incremento de solicitudes de participación na categoría de traballo literario breve dos Premios Provinciais á Xuventude.

O encontro comezará o xoves, 23 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial coa mesa redonda, para a que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles, na que Ledicia Costas e Jorge Volpi afondarán en "Por que escribimos".  Xa o venres 24, co aforo totalmente completo, terá lugar a mesa redonda na que Laura Ferrero e Manuel Jabois abordarán cuestións relacionadas co xornalismo e a ficción.  En ámbalas dúas sesións o público terá a oportunidade de formular preguntas e interactuar cos escritores.

As dúas mesas de debate serán conducidas pola xornalista Paula Montes e Andrea García porá a nota musical, co piano como protagonista. Ademais está previsto que se concentren na xuntanza as persoas galardoadas nos Premios Provinciais á Xuventude, así como librarías, clubs de lectura, editoriais e, en xeral, persoas amantes da lectura.

Ligazóns de interese

Novas relacionadas

{"classPK":13882901,"groupId":"37861","name":"20251031_jorgecubela_xuventude_jphilippot_01.jpg","alt":"Jorge Cubela presentando xuventude en viñetas","title":"20251031_jorgecubela_xuventude_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"622392c6-cffc-d1d9-8aa6-68973d39855c","fileEntryId":"13882901","resourcePrimKey":"13880921"}

A Deputación pon en marcha os obradoiros de banda deseñada Xuventude en Viñetas, que chegarán a catro concellos da provincia durante o mes de novembro

  01/11/2025

{"classPK":13845278,"groupId":"37861","name":"20251024_literaria_rafaestevez_10.jpg","alt":"Clausura do II Encontro Pontevedra Literaria","title":"20251024_literaria_rafaestevez_10.jpg","type":"document","uuid":"a5dcaa4e-1cd4-e8fe-a9b7-722ce39b8c60","fileEntryId":"13845278","resourcePrimKey":"13845307"}

A Deputación enche o Pazo provincial con Laura Ferrero e Manuel Jabois no peche do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

  24/10/2025

{"classPK":13827353,"groupId":"37861","name":"20251023_rafadominguez_jorgecubela_pontevedraliteraria_jphilippot_14.jpg","alt":"Arranque do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes 2025","title":"20251023_rafadominguez_jorgecubela_pontevedraliteraria_jphilippot_14.jpg","type":"document","uuid":"8a9f7dc3-6364-44c4-fd2f-f8619a9ec377","fileEntryId":"13827353","resourcePrimKey":"13827394"}

Rafa Domínguez subliña o papel protagonista de Pontevedra como provincia de cultura e de letras no arranque do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

  24/10/2025