A Deputación enche o Pazo provincial con Laura Ferrero e Manuel Jabois no peche do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

Ante preto de 200 persoas, o deputado de Xuventude e Cultura, Jorge Cubela, remarcou que “non hai máis que ver o cheo que está este Salón de Plenos para ter claro que estas xornadas eran moi necesarias e moi demandadas pola xuventude desta provincia”

24/10/2025

Clausura do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

A Deputación acaba de pechar o II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes enchendo con case 200 persoas o Pazo provincial de mocidade e cultura para coñecer, de primeira man, a experiencia de escritores da talla de Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois. O deputado de Xuventude e Cultura, Jorge Cubela, remarcou que "non hai máis que ver o cheo que está este Salón de Plenos para ter claro que estas xornadas eran moi necesarias e moi demandadas pola xuventude desta provincia".

O Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes naceu o pasado ano para dar resposta ao interese amosado pola mocidade nas iniciativas de creación literaria e artística. "Sentímonos moi orgullosos desta iniciativa que xurdiu da escoita activa e para dar resposta ás inquedanzas da xente nova da provincia de Pontevedra, que ano tras ano presenta un maior número de traballos para optar aos Premios Provinciais da Xuventude", asegurou o deputado.

Tralo paso de Ledicia Costas e Jorge Volpi o xoves para afondar nas razóns que motivan a escribir, na última das sesións do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes déronse cita Laura Ferrero e Manuel Jabois para analizar cuestións relacionadas co xornalismo e a ficción. Ambas xornadas foron presentadas pola xornalista Paula Montes e contaron coa música de Andrea García ao piano.

Esta segunda edición do encontro, baixo o lema "Escribir o que non se ve", contou coa maior demanda das dúas o que motivou á Deputación de Pontevedra a trasladar, por límites de aforo, as sesións desde o Museo ao Salón de Plenos do Pazo provincial. Ao respecto, o deputado provincial Jorge Cubela remarcou a vontade de repetir Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes co obxectivo de "seguir dando pasos cara adiante, tendendo a nosa man á nosa mocidade e traballando, con forzas, para que vaia, como esta provincia, sempre a máis".

Galerias de imaxes

videos

Novas relacionadas

{"classPK":13882901,"groupId":"37861","name":"20251031_jorgecubela_xuventude_jphilippot_01.jpg","alt":"Jorge Cubela presentando xuventude en viñetas","title":"20251031_jorgecubela_xuventude_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"622392c6-cffc-d1d9-8aa6-68973d39855c","fileEntryId":"13882901","resourcePrimKey":"13880921"}

A Deputación pon en marcha os obradoiros de banda deseñada Xuventude en Viñetas, que chegarán a catro concellos da provincia durante o mes de novembro

  01/11/2025

{"classPK":13827353,"groupId":"37861","name":"20251023_rafadominguez_jorgecubela_pontevedraliteraria_jphilippot_14.jpg","alt":"Arranque do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes 2025","title":"20251023_rafadominguez_jorgecubela_pontevedraliteraria_jphilippot_14.jpg","type":"document","uuid":"8a9f7dc3-6364-44c4-fd2f-f8619a9ec377","fileEntryId":"13827353","resourcePrimKey":"13827394"}

Rafa Domínguez subliña o papel protagonista de Pontevedra como provincia de cultura e de letras no arranque do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

  24/10/2025

{"classPK":11297689,"groupId":"37861","name":"ENCONTRO_LITERARIO.jpg","alt":"II Encontro Pontevedra Literaria","title":"ENCONTRO_LITERARIO.jpg","type":"document","uuid":"f5364e16-fa79-8206-04fa-6944643dd83b","fileEntryId":"11297689","resourcePrimKey":"13810691"}

A Deputación reúne este xoves e venres no Pazo provincial a escritores da talla de Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois no II Encontro Pontevedra Literaria

  21/10/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.