Luis López eloxia a inxección de 300.000 € ao Concello de Pontevedra para os Premios Feroz como unha nova mostra de colaboración entre administracións

O mandatario provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, reafirma o compromiso da Deputación cos proxectos estratéxicos para a cidade coa suba da colaboración de 100.000 euros con respecto á edición anterior

15/12/2025

Luis López na sinatura do protocolo co alcalde pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar este luns o protocolo de colaboración co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a través do cal o organismo provincial achega 300.000 euros para a organización dos Premios Feroz, que se entregarán na cidade de Pontevedra o vindeiro mes de xaneiro. “Está é unha nova mostra de colaboración entre a Deputación e o Concello de Pontevedra tanto no fondo como nas formas. No fondo, porque é unha actuación máis que apoiamos, e esperamos seguir colaborando, para un evento cultural relevante non só a nivel provincia e de Galicia, senón que transcende ás fronteiras máis aló de España. E nas formas, porque a colaboración ten que existir pero tamén ten que verse, o que demostra que en proxectos beneficiosos para a cidade imos todos a unha”, declarou o mandatario provincial despois da sinatura do acordo no Concello de Pontevedra na que tamén estivo presente o vicepresidente Rafa Domínguez.

A cerimonia de entrega dos Premios Feroz celebrarase o día 24 de xaneiro do 2026 por segundo ano consecutivo na cidade de Pontevedra. Un evento de máxima relevancia que reúne ás máis destacadas figuras do sector audiovisual para entregar un dos galardóns de maior prestixio para a televisión e o cinema español. “Os premios Feroz van colocar á provincia na elite dos mapas culturais, como ocorreu coa Bienal, algo que é dunha enorme transcendencia”, sinalou o dirixente provincial antes de remarcar o aumento de 100.000 euros na colaboración da Deputación co Concello para a organización do evento con respecto ao ano anterior.

Neste sentido, o presidente Luis López explicou que estes recursos que a Deputación destina á organización dos Premios Feroz están xa recollidos nos orzamentos provinciais do vindeiro ano, que entrarán en vigor o 1 de xaneiro, polo que o Concello poderá botar man destes fondos tan pronto como remate o ano. Unha colaboración que vai máis aló desta gala, pois o organismo provincial ten reservados tamén 2,5 millóns de euros para financiar os proxectos que decida o goberno local. “En todo o que sexa beneficioso para a cidade de Pontevedra, a Deputación estará”, concluíu Luis López, que agradeceu tamén a predisposición do alcalde e o goberno local de Pontevedra para asinar acordos de colaboración.

Galerias de imaxes

audios

Novas relacionadas

{"classPK":13135483,"groupId":"37861","name":"20250715_luislopez_convenio_concellopontevedra_jphilippot_02.jpg","alt":" Luis López asina convenios de colaboración co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores","title":"20250715_luislopez_convenio_concellopontevedra_jphilippot_02.jpg","type":"document","uuid":"ec442e40-3bee-a012-924d-630676c83ed3","fileEntryId":"13135483","resourcePrimKey":"13135538"}

Luis López asina co alcalde de Pontevedra un investimento de 353.500€ para a actualizar a administración electrónica municipal e renovar a herba en dous campos da Xunqueira

  15/07/2025

{"classPK":11676380,"groupId":"37861","name":"20241128_rafa_dominguez_nominacions feroz2.jpg","alt":"Presentación das nominacións dos Premios Feroz 2025","title":"20241128_rafa_dominguez_nominacions feroz2.jpg","type":"document","uuid":"f193958d-f406-9203-8d81-3798bf7b8d4b","fileEntryId":"11676380","resourcePrimKey":"11676395"}

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez asiste ao acto de presentación das nominacións dos Premios Feroz 2025

  28/11/2024

{"classPK":11636471,"groupId":"37861","name":"20241119_concello_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López co alcalde de Pontevedra","title":"20241119_concello_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"0942bbcc-7f90-9468-1f91-325c781e8627","fileEntryId":"11636471","resourcePrimKey":"11636545"}

Luis López asina co alcalde de Pontevedra un investimento de 2 M€ da Deputación para transformar o espazo urbano de Mollavao e da pasarela de 12 de Novembro

  19/11/2024