A Deputación achega máis de 52.000 euros ao Concello de Catoira para a ampliación das beirarrúas do Paseo das Lombas
Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello máis de 850.000 euros ao sumar máis de 500.000 euros do 2026 e o adianto de máis de 350.000 euros da liña de investimentos do 2027
08/10/2026
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de máis de 52.000 euros para que o Concello do Catoira faga fronte á ampliación das beirarrúas do paseo das Lombas. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello máis de 850.000 euros ao sumar máis de 500.000 euros do 2026 e o adianto de máis 350.000 euros da liña de investimentos do 2027.
Cos recursos provinciais o Concello de Catoira executará obras no cruce entre a estrada provincial EP-8702 e as rúas municipais Paseo das Lombas e Travesía Corredoira As Lombas, nunha contorna na que se atopan o colexio público de Catoira, a escola infantil da vila e o pavillón municipal. Neste espazo executarase un muro para salvar o desnivel e dar continuidade ao xa existente, renovarase o pavimento con formigón raiado e crearanse novos pasos de peóns con acabado raiado e botóns para dar cumprimento á normativa de accesibilidade.
A actuación completarase coa eliminación do poste de formigón de luz e o soterramento da rede de alumeado, así como coa habilitación de novos puntos de luz. Ademais realizarase unha renovación da sinalización viaria horizontal, habilitando novos pasos de pasos de peóns e, entre outras, prazas de aparcamento, e tamén sinalización viaria vertical.