Rafa Domínguez visita Amencer e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

Esta liña de axudas da Deputación de Pontevedra ten aberto prazo de solicitude ata o 11 de maio e ten por obxectivos mellorar a accesibilidade desde unha perspectiva integral

14/04/2026

Rafa Domínguez visita Amencer e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de visitar as instalacións de Amencer-ASPACE para persoas con parálise cerebral e patoloxías neuromotoras onde aproveitou para poñer en valor a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que neste 2026 vai repartir 210.000 € entre entidades para fomentar a accesibilidade universal. Esta liña de axudas do organismo provincial está dirixida entidades sen ánimo de lucro para a mellora da accesibilidade desde unha perspectiva integral e a promoción da participación activa de todas as persoas en condicións de igualdade e autonomía.

O vicepresidente provincial detallou que Amencer foi beneficiaria xa de Provincia +Inclusiva con recursos por valor de 10.000 € que serviron á entidade para adquirir mesas ergonómicas. Ademais, Domínguez subliñou que este ano a Deputación vai destinar outros 20.000 € para que impulse un proxecto de mellora na atención das necesidades sanitarias. En anos anteriores, tal e como recordou o vicepresidente, Amencer recibiu recursos do organismo provincial por valor de 33.000 € para a mellora da atención das persoas usuarias.

Os recursos da liña de axudas Provincia +Inclusiva, que medraron case un 17% que con respecto ao 2024, están dirixidos ás entidades sen fins de lucro da provincia para subvencionar desde obras de mellora da accesibilidade nas súas instalacións, ata os de redacción de proxectos técnicos para executar estas obras, ou de adquisición de sistemas de comunicación ou outros relacionados coa mobilidade e o coidado persoal. As organizacións poderán recibir ata un máximo de 10.000 euros e o prazo de solicitude das axudas permanece aberto ata o 11 de maio.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15919294,"groupId":"37861","name":"20260306_placa_inclusiva_down_vigo_02.jpg","alt":"Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede","title":"20260306_placa_inclusiva_down_vigo_02.jpg","type":"document","uuid":"5d35fa3e-0228-cdcf-d21d-5a9a295a3af1","fileEntryId":"15919294","resourcePrimKey":"15919268"}

Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede

  03/06/2026

{"classPK":15809605,"groupId":"37861","name":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","alt":"A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","type":"document","uuid":"34694117-d909-c898-8a50-19f8764c2f20","fileEntryId":"15809605","resourcePrimKey":"15809576"}

A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  19/05/2026

{"classPK":15737615,"groupId":"37861","name":"20260511_rafa_dominguez_afapo.jpg","alt":"Rafa Domínguez visita Afapo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260511_rafa_dominguez_afapo.jpg","type":"document","uuid":"5527e01c-e702-1aa1-c419-9bd5cca698e6","fileEntryId":"15737615","resourcePrimKey":"15737640"}

Rafa Domínguez visita Afapo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  11/05/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.