O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, no pregón da Semana Santa de Pontevedra

04/03/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta tarde á lectura do pregón da Semana Santa de Pontevedra a cargo do sacerdote nicaraguano acollido na parroquia de Santa María, William Mora. Con este acto, no que Mora fixo unha exposición sobre a Semana Santa na cidade de Pontevedra, ábrense os oficios relixiosos previos ás tradicionais procesións con motivo destas datas.

Ademais do vicepresidente provincial, déronse cita na lectura do pregón o subdelegado de Defensa, Miguel Cortés, a senadora e concelleira de Pontevedra, Pepa Pardo, e o tamén concelleiro da cidade Iago Acuña.