Rafa Domínguez destaca o labor admirable do CN Galaico, que reunirá 113 deportistas no Campionato Galego de Longa Distancia

25/11/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na presentación do Campionato Galego de Longa Distancia, que se celebrará este sábado 28 de novembro nas piscinas do Complexo Deportivo Rías do Sur. O evento deportivo, organizado polo CN Galaico, será clasificatorio para o campionato nacional, que se celebrará a finais de xaneiro en Torremolinos, e reunirá esta fin de semana en Pontevedra a 113 deportistas das categorías infantil, júnior 1, júnior 2 e sénior. desfrutar do deporte na nosa cidade.

Domínguez destacou o “labor admirable do CN Galaico, tanto polos excelentes resultados acadados nas últimas temporadas como pola súa capacidade para organizar eventos que fan cidade”. Así mesmo, reafirmou o compromiso da Deputación de Pontevedra de seguir potenciando o deporte como un dos piares do traballo da institución provincial.

Galerias de imaxes