A Deputación oferta esta semana cinco novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

Os obradoiros centraranse en ciberseguridade, Instagram, intelixencia artificial e networking

10/03/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana cinco novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, Instagram, intelixencia artificial e networking.

As accións formativas inícianse este luns, 11 de marzo, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, Copias de Seguridade, de man do experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia de apoiar os datos nunha copia de seguridade para evitar ser vítima dun ransomware ou padecer outros incidentes coma roubos, inundacións ou subidas de tensión na rede eléctrica.

O martes 12, entre as 11:00 e as 12:00 horas, terá lugar o obradoiro Como Sacarlle Partido ao Instagram da miña Vivenda Turística, onde Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo, abordará as ferramentas de Instagram máis útiles para chegar a unha maior clientela e afondará no funcionamento do algoritmo, nas historias, nos reels ou na Instagram Shop, entre outras. Pola súa banda, o mércores, ás 12:00 horas, a titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico Laura Taboada impartirá o curso Capcut III, Intelixencia Artificial para o teu Negocio, no que analizará o funcionamento das intelixencias artificiais e o seu aproveitamento para os negocios.

O xoves 14, entre as 11:00 e as 13:00 horas, iniciarase o novo itinerario formativo sobre intelixencia artificial Ferramentas de Texto con IA, Chat GPT, Gemini e Mixtral, impartido por Manuel Freire. A través desta actividade daranse a coñecer ferramentas que usan modelos de IA xerativa de textos coma ChatGPT, Gemini e Mixtral, e tamén se proporcionarán recomendacións para xerar instruciónse textos.

Finalmente, tamén o xoves 14, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar o obradoiro Networking de Empresas Turísticas. Este acción formativa será presencial, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, e contará con dúas partes. Na primeira delas, María Agustina Pereira, xerente de SI SUBVENCIONES, proporcionará información sobre as liñas de financiamento dispoñibles para o sector turístico e, a continuación, terá lugar a sesión de networking.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.