Luis López detalla que os concellos farán 34 humanizacións, 8 rehabilitacións e 3 piscinas grazas aos fondos provinciais do Plan Extra

No próximo Pleno someterase a aprobación inicial unha modificación de crédito de 19,5M€ para amortizar os importes pendentes do crédito do REACPON solicitado polo anterior goberno. “A Deputación quedará tecnicamente en débeda cero”, subliñou

19/09/2025

A Deputación de Pontevedra está a piques de rematar a activación do Plan Extra 2025, que con 38 millóns de euros está a permitir que os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia impulsen, entre outras, 34 humanizacións, 8 rehabilitacións e 3 piscinas. Trátanse, tal e como remarcou o presidente, de “obras transformadoras, de equipamentos, infraestruturas e novas dotacións para que os habitantes da provincia, vivan onde vivan, teñan os mellores servizos públicos e dunha calidade excelente”, remarcou o presidente. López 

O Plan Extra, que terá unha segunda edición no 2026, “nos vai permitir modernizar e avanzar para que a nosa provincia sexa, se cabe, moito máis extraordinaria do que xa é”, remarcou o presidente quen recordou que ademais das 34 obras de humanización, 8 rehabilitacións e 3 piscinas, tamén se van executar 2 renaturalizacións, outros 2 campos de fútbol, 2 parques e xardíns e poranse en marcha áreas deportivas, novas edificacións, melloras de camiños e accesos, pavillóns, pistas de atletismo e actuacións en materia de residuos e de saneamento.

“Isto é só un Plan –recordou Luis López-, pero se temos en conta as 180 modernizacións ao abeiro do Plan de Infraestruturas Deportivas, as 600 financiadas co +Provincia… imaxinade a magnitude de transformacións que se poderán emprender en 2026 cos 128 M€ que vimos de anunciar, uns recursos históricos que nunca antes tiña activado dunha soa vez a Deputación de Pontevedra”.

Débeda cero

Tamén aproveitou o presidente para recordar que no próximo Pleno someterase a aprobación inicial unha modificación de crédito de 19,5 M€ para amortizar os importes pendentes do crédito do REACPON solicitado polo anterior goberno a dúas entidades bancarias. “A Deputación quedará tecnicamente en débeda cero”, remarcou Luis López, “o que permitirá aforrarlle a todos os pontevedreses os intereses do crédito, e equilibrar a facenda da institución provincial para deixar esta casa mellor preparada e máis libre desde o punto de vista económico para atender os intereses dos cidadáns”. “Sen dúbida algunha –engadiu-, unha nova que fala de xestión económica, de autonomía e dunha provincia capaz de investir como nunca, con menos lastre financeiro ca nunca”.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 12 resultados.