Rafa Domínguez asiste á V Xornada Triple Hélice na que se afondou sobre os retos e oportunidades da internacionalización da actividade empresarial
10/04/2025
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu á V Xornada Triple Hélice -XXXVII Almorzo Foro Empresa Pontevedra na que se afondou sobre os retos e oportunidades da internacionalización da actividade empresarial. Participaron o delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, o director de Mercados de Divisa Santander España, José Luis Blanco, e a directora de Márketing do Consello Regulador da DO Rías Baixas, Eva Mínguez.

