A Deputación rexistra no mes de febreiro 1.600 visitantes ao Castelo de Soutomaior durante a campaña da camelia

As actividades organizadas durante o mes, como contacontos ou obradoiros, esgotaron todas as prazas e arredor de 400 persoas descargaron o código QR para participar de forma autónoma no street escape

11/03/2025

A Deputación de Pontevedra recibiu durante o mes de febreiro preto de 1.600 visitantes no Castelo de Soutomaior para asistir ás actividades promovidas desde a institución provincial no marco da campaña da camelia. A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou a importancia de iniciativas como esta programación, “que permite achegarse ao Castelo de Soutomaior dun xeito diferente e dinamizar a oferta con propostas encamiñadas a desestacionalizar o turismo”.

A maior porcentaxe de visitantes, tal e como explicou Nava Castro, correspóndese cos grupos que asistiron ás visitas guiadas, maioritariamente procedentes de Galicia, que representou o 77% do público. O resto divídese entre visitantes do resto de España (o 18%, en especial de Madrid, Castela e León e Andalucía) e o público internacional, que representou o 5% dos visitantes (con Portugal, Francia e mais os Estados Unidos á cabeza dos principais lugares de procedencia). A deputada de Turismo tamén subliñou que este ano detectouse un “aumento salientable respecto a anos anteriores en canto á demanda de visitas escolares xa que en febreiro rexistramos 450 alumnos e alumnas procedentes de nove centros dos concellos de Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vigo”.

As actividades deseñadas pola Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior esgotaron a totalidade de prazas ofertadas en febreiro. Ademais, 400 persoas descargaron o código QR para realizar de forma autónoma a actividade street escape, similar a un escape room pero ao aire libre na que as persoas participantes deben resolver enigmas e probas nos xardíns do castelo a través dunha ruta circular de dúas horas. Gratuíto e para todos os públicos, só é necesario un teléfono móbil con conexión a Internet para poder ler o código, que está dispoñible no despacho de billetes do castelo.

Novas relacionadas

{"classPK":3094033,"groupId":"37861","name":"noticia-o-castelo-de-soutomaior-contara-cun-ambicioso-proxecto-de-iluminacion.jpg","alt":"Castelo de Soutomaior","title":"noticia-o-castelo-de-soutomaior-contara-cun-ambicioso-proxecto-de-iluminacion.jpg","type":"document","uuid":"a97e79b7-c3cd-328b-f38a-a07a4990840f","fileEntryId":"3094033","resourcePrimKey":"12634036"}

A Deputación confirma que durante a Semana Santa visitaron os castelos de Soutomaior e Sobroso preto de 2.100 persoas

  22/04/2025

{"classPK":12511085,"groupId":"37861","name":"20250404_RP_slorenzo_02.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20250404_RP_slorenzo_02.jpg","type":"document","uuid":"8e48f9fe-3081-9335-73c1-8ee63f11fbbd","fileEntryId":"12511085","resourcePrimKey":"12511101"}

Luis López celebra o éxito da programación da camelia no Castelo de Soutomaior, con máis de 4.500 visitantes nos meses de febreiro e marzo

  04/04/2025

{"classPK":3094033,"groupId":"37861","name":"noticia-o-castelo-de-soutomaior-contara-cun-ambicioso-proxecto-de-iluminacion.jpg","alt":"Castelo de Soutomaior","title":"noticia-o-castelo-de-soutomaior-contara-cun-ambicioso-proxecto-de-iluminacion.jpg","type":"document","uuid":"a97e79b7-c3cd-328b-f38a-a07a4990840f","fileEntryId":"3094033","resourcePrimKey":"12355401"}

A Deputación organiza esta semana novas visitas guiadas temáticas polos xardíns do Castelo de Soutomaior para descubrir as camelias e a súa relación coa saúde

  09/03/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.