A Deputación aproba o proxecto para a mellora peonil da EP-2405 Cerquido-Budiño, no Porriño, cun orzamento total de máis dun millón de euros
A Deputación asume o 80% do orzamento, cunha achega de 830.000 euros, mentres que o Concello aporta o 20% restante, é dicir, 200.000 euros
14/08/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres de que a Xunta de Goberno da institución provincial deu luz verde ao proxecto das obras de mellora da seguridade peonil na EP-2405 Cerquido – Budiño, no Porriño. A actuación conta cun orzamento total de algo máis dun millón de euros, dos que a Deputación asumirá o 80% (830.000 euros) e o Concello do Porriño o 20% restante (200.000 euros).
A actuación desenvolverase nun tramo de 1,2 km, no que se procederá a estruturar o espazo público da vía para garantir a seguridade peonil, creando unha senda peonil e unha zona de convivencia, renovar a rede de pluviais e o pavimento, nalgúns treitos executaranse cunetas tendidas na marxe oposta á senda peonil, instalaranse pasos de peóns sobreelevados, e, por último, soterrarase a rede de alumeado público e colocaranse novas luminarias e sinalización vertical e horizontal.
“Levamos investidos nestes tres anos de goberno 80 millóns de euros na rede de estradas provinciais e o traballo non se detén, pero que se nota -asegurou o presidente provincial-. Estamos facendo os deberes para cando chegan as borrascas de inverno como as que tivemos este ano”.
