A Deputación dá luz verde a preto de 140 espectáculos que chegarán a 50 concellos da provincia da man do circuíto cultural +Escénicas

Luis López: “Estou seguro de que esta segunda edición terá o mesmo ou máis éxito que a primeira e nos permitirá seguir avanzando na nosa aposta por achegar a cultura a todos os recunchos da provincia”

15/05/2026

A Deputación dá luz verde a preto de 140 espectáculos que chegarán a 50 concellos da provincia da man do circuíto cultural +Escénicas

A Xunta de Goberno acaba de aprobar a programación dunha nova edición de +Escénicas, o circuíto de teatro e danza da institución provincial que levará a 50 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia case 140 actuacións cun investimento de 204.000 euros, 9.000 máis que o pasado ano.

En concreto, os concellos que se beneficiarán de +Escénicas recibirán achegas de ata 4.000 euros para programar un total de 138 espectáculos, un máximo de 5 por concello, que se desenvolverán ata marzo de 2027. +Escénicas desenvólvese en réxime de cofinanciamento, facéndose cargo a Deputación desde o 90% do orzamento para os concellos de menos de 5.000 habitantes ata o 80% nos concellos de entre 5.000 e 10.000 habitantes e ata o 70% nos de máis de 10.000 habitantes.

“Seguimos, desta maneira, apoiando a nosa cultura, e dedicando todos os nosos esforzos para que esta chegue a todos os recunchos, a todos e cada un dos 61 concellos da provincia”, remarcou o presidente provincial.

audios