CLUB DE LECTURA
“O BOSQUE DOS CONTOS”
Os contos do Lobicán
Actividades con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun obradoiro. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h
Datas: sábados 29 de novembro e 20 de decembro
Hora: 12 h
Idades: de 6 a 12 anos
Libro
Os contos do Lobicán
Obra gañadora da XV edición do Premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces).
Para o xurado, Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlles a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame incide na proposta estética, cunha concepción plástica que reforza o universo tradicional de referencia sen deixar de poñer solucións relacionadas con tendencias escénicas máis actuais.
O texto foi levado a escena en 2024 por Redrum Teatro e a obra resultante está nomeada para mellor obra infantil dos Premios María Casares 2025.
ISBN: 9788499954271
Editora: coedición de Baía Edicións con Agadic
Publicación: 2023
Páxinas: 32
Autora
Eva Mejuto
Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO.
Actualmente forma parte do proxecto "Capicúa" de xestión cultural. Foi docente durante dez anos no Máster de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Universidade de Vigo e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato de álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas 22 segundos (2017), Memoria do silencio (2019), A ladroa da biblioteca de Meirás (2022) ―coas cales quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil―, así como a novela infantil O día que choveron gatos (2023), obra finalista do Premio Merlín en 2022, e o álbum ilustrado por Víctor Rivas Dez viaxeiras (2019). Xunto á ilustradora Bea Gregores publicou os álbums A lavandeira de San Simón (Xerais, 2020) e Cando leo (Xerais, 2022). A súa última publicación é Sei cantar e sei bailar (Xerais, 2025) xunto á ilustradora Lucía Cobo.

