Depo en Marcha inicia curso de bailes salón en Ponteareas

Arredor de 20 persoas de Guillade, en Ponteareas, iniciaron un curso de bailes de salón enmarcado no programa “Depo en Marcha”

21/08/2023

Ponteareas, inicia un curso de bailes de salón enmarcado no programa 'Depo en Marcha'

Con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores. O taller, promovido pola Asociación de Veciños San Gregorio de Guillade e organizado pola institución provincial, celébrase todos os sábados ata o 25 de novembro en horario de 19:00 a 21:00 horas.

O curso de bailes de salón é un dos 130 que se ofertaron na actual edición de “Depo en Marcha”, que beneficia a arredor de 3.000 persoas ao longo de todo o ano. A Deputación destina preto de 146.000 euros ao programa e os obradoiros enmárcanse nos seguintes apartados temáticos: ‘Aprendendo da natureza’, ‘Móvete, activando corpo e mente’, ‘Enredando’, ‘Dálle marcha’ e ‘En rede’.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.