Luis López presenta o primeiro Circuíto de Atletismo Deputación de Pontevedra, unha novo impulso ao deporte de base e á axenda deportiva da provincia

O presidente provincial dá a coñecer un novo evento deportivo promovido pola Deputación para atletas menores de 16 anos que consta de cinco xornadas, entre abril e decembro, na Estrada, Pontevedra e Vigo da man da Federación Galega de Atletismo

08/04/2026

Luis López presenta o primeiro Circuíto de Atletismo Deputación de Pontevedra, unha novo impulso ao deporte de base e á axenda deportiva da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presenta o primeiro circuíto de atletismo da provincia do deporte. Unha nova proba deportiva promovida polo goberno provincial para impulsar o deporte de base, dinamizar a actividade deportiva en distintos concellos da provincia e tender pontes cunha entidade fundamental para o deporte na provincia como é a Federación Galega de Atletismo. “Unha nova competición que vén constatar un feito xa de sobra coñecido, que somos a provincia do deporte: pola cantidade e calidade dos nosos deportistas e clubs, polas instalacións deportivas que temos repartidas pola provincia e pola organización de eventos deportivos”, enumerou o mandatario provincial no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde se presentou este novidoso evento e onde estiveron presentes os vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, así como o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Pablo Sanmartín e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao.

Este primeiro circuíto de atletismo patrocinado pola Deputación de Pontevedra consiste nunha competición de atletismo para categorías de base, desde sub 10 ata sub 16, que constará de cinco xornadas. A primeira delas terá lugar o vindeiro 24 de abril na pista de atletismo da Estrada, unha instalación recentemente inaugurada nun proxecto que contou co apoio do ente provincial. A segunda xornada terá lugar o 6 de xuño nas pistas de atletismo de Balaídos, en Vigo. A programación continuará xa nos meses de inverno, coa celebración dunha nova xornada o 21 de novembro no Ifevi de Vigo, o 28 de novembro no CGTD de Pontevedra e rematará o 4 de decembro cunha nova xornada no recinto feiral vigués. Un novo impulso á provincia do deporte que conta cun apoio da Deputación de 10.000€ para financiar unha competición que organiza a Federación Galega de Atletismo. “É unha moi boa oportunidade para visibilizar a cidade de Pontevedra como lugar de excepción para celebrar eventos deportivos, nunha disciplina, ademais, con tantos adeptos aquí", sinalou o vicepresidente Rafa Domínguez na apertura da presentación.

A colaboración entre o ente federativo e o organismo que preside Luis López non se limita unicamente a este novidoso campionato. “Este primeiro circuíto de atletismo en pista da provincia que levará o nome da Deputación de Pontevedra chega para reforzar aínda máis esta colaboración”, puntualizou Luis López antes de facer balance da escola de atletismo que promove a Deputación a través do programa “O Noso Club”, unha escola de canteiras na que se están a formar 160 nenos e nenas de sete concellos da provincia da man de técnicos da Federación Galega de Atletismo e cun investimento de 20.000€ por parte da Deputación.

“A Deputación constrúe a diario a provincia do deporte, que se sustenta en tres piares”, sinalou López facendo referencia ao apoio de récord que o goberno provincial está prestando a clubs e deportistas de diferentes disciplinas de toda a provincia, un impulso de 20M€ ás instalacións municipais a través das tres convocatorias do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o impulso á organización de eventos deportivos de toda clase que contribúen a consolidar ás Rías baixas como un destino turístico ligado ao deporte. “Convidamos a todas as familias e amantes do atletismo a desfrutar deste circuíto na provincia do deporte”, concluíu Luis López

.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":15138459,"groupId":"37861","name":"20260904_luisa_sanchez_freiburg_celta_01.jpg","alt":"Luisa Sánchez","title":"20260904_luisa_sanchez_freiburg_celta_01.jpg","type":"document","uuid":"eaccbab7-0a1e-209f-cdbb-824850db97fd","fileEntryId":"15138459","resourcePrimKey":"15138510"}

Luisa Sánchez apoia ao Celta en Friburgo de cara ao partido de ida dos cuartos de final da UEFA Europa League

  09/04/2026

{"classPK":15133845,"groupId":"37861","name":"20260409_rafa_dominguez_voleibol1.jpg","alt":"Rafa Domínguez participa na presentación das finais do Campionato Xunta de Galicia de Voleibol","title":"20260409_rafa_dominguez_voleibol1.jpg","type":"document","uuid":"e7e08847-87c1-4579-8d25-e1d00859b157","fileEntryId":"15133845","resourcePrimKey":"15134027"}

Rafa Domínguez participa na presentación das finais do Campionato Xunta de Galicia de Voleibol

  09/04/2026

{"classPK":15125222,"groupId":"37861","name":"20260804_axudas_clubes_estatal_02.jpg","alt":"A Deputación de Pontevedra publica as bases das axudas aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, que se incrementan ata o millón de euros","title":"20260804_axudas_clubes_estatal_02.jpg","type":"document","uuid":"74d8a51e-3280-eb00-519e-d3e37a3f1cf1","fileEntryId":"15125222","resourcePrimKey":"15125237"}

A Deputación de Pontevedra publica as bases das axudas aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, que se incrementan ata o millón de euros

  08/04/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.