Luis López remarca o investimento de case un millón de euros para a transformación do antigo mercado de Oia nun centro sociocultural

O presidente da Deputación de Pontevedra realizou este luns a súa primeira visita institucional ao Concello de Oia para asinar, coa alcaldesa Cristina Correa, un convenio de colaboración enmarcado no programa “PON2030”

27/11/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, asinaron este luns un convenio de colaboración enmarcado no Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 (“PON2030”), a través do cal o Goberno provincial financiará con máis de case 400.000 euros, o 40 % do orzamento, os traballos para a rehabilitación do mercado de Oia. O Concello, pola súa banda, achega o 60 % do total (590.000 euros). O acordo asinouse na primeira visita institucional do mandatario provincial a este concello, un encontro no que López puxo en valor o traballo realizado polo equipo de goberno e aplaudiu a execución deste tipo de proxectos que transforman os equipamentos municipais e lle ofrecen mellores servizos á cidadanía.

A obra, valorada nun total de 982.000 euros, servirá para a recuperación dun mercado singular no centro do municipio; un proxecto que converterá este inmoble nun espazo de encontro para a cidadanía que integrará arte, cultura e comercio. Os traballos centraranse en crear un espazo central diáfano e unha bancada que permitirá a organización de eventos e a asistencia de espectadoras e espectadores. Ademais, o proxecto contempla a restauración da cuberta respectando o deseño orixinal a oito augas, a substitución da estrutura de aceiro por unha de madeira, a apertura de catro portas, unha en cada fachada, e a conservación das aberturas orixinais na fachada e na cuberta para dotar de iluminación natural un edificio que verá mellorada tamén a súa conexión coa fachada marítima.

Segundo se recolle no convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Oia realízase coa modificación das bases do programa “PON2030” xa en vigor, unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo Goberno provincial se vexa reducido.

A deste luns foi a primeira visita institucional de Luis López a Oia como presidente da Deputación e quixo agradecer e remarcar o compromiso do Goberno provincial para escoitar as necesidades do Concello, respectar a autonomía do Goberno local á hora de escoller que obras levar a cabo e apoiar proxectos transformadores.

Noticias relacionadas

{"classPK":9560534,"groupId":"37861","name":"20240622_luislopez_oia_jphilippot_07.jpg","alt":"Luis López entrega os trofeos do campionato inaugural do campo de fútbol das Tornas","title":"20240622_luislopez_oia_jphilippot_07.jpg","type":"document","uuid":"ea95ee69-f1f0-0ac4-090e-5b20bf6040af","fileEntryId":"9560534","resourcePrimKey":"9560621"}

Luis López entrega os trofeos do campionato inaugural do campo de fútbol das Tornas, en Oia, no que a Deputación investiu máis de 300.000 euros

  22/06/2024

{"classPK":6127149,"groupId":"37861","name":"pon2030-valga.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Valga, Jose María Bello","title":"pon2030-valga.jpg","type":"document","uuid":"76b5d529-68c6-543c-4bc4-2b289f942fa9","fileEntryId":"6127149","resourcePrimKey":"6127168"}

Luis López destaca o investimento de máis de 600.000 euros para transformar a contorna da lagoa de Porto Piñeiro de Valga coa construción dunha senda peonil e ciclista

  04/12/2023

{"classPK":6109393,"groupId":"37861","name":"Convenio_PON2030_Meano.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez","title":"Convenio_PON2030_Meano.jpg","type":"document","uuid":"8d7a9955-9670-89a3-9629-8f2bcd1539d3","fileEntryId":"6109393","resourcePrimKey":"6109417"}

Luis López celebra a aposta de Meaño pola reciclaxe dos restos orgánicos cun investimento de 350.000 euros entre a Deputación e o Concello

  29/11/2023

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.