Marta Fernández-Tapias participa na presentación de TurisLab 3

05/12/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, inaugurou hoxe xunto a José Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; Ana Ortiz, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; José García Costas, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa; e Alexandrina Monteiro, xefa da División de Planificación Estratéxica e Desenvolvemento Intermunicipal do Alto Minho, a xornada de presentación de Turislab 3, a plataforma de proxectos turísticos innovadores e medioambientais sostibles da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Na súa intervención, a vicepresidenta primeira destacou a importancia deste proxecto da Xunta de Galicia, que coincide en tempo coa nova edición da aceleradora de empresas turísticas da Deputación, enmarcada no programa “SmartPeme”, o que demostra a “sintonía entre administracións para que un proxecto de territorio prospere. E nese camiño estamos, sumando sinerxías, tendendo pontes para compartir obxectivos comúns e ir nunha mesma dirección”. Ademais, Fernández-Tapias aproveitou para felicitar as e os participantes en Turislab, “por asumir o reto de emprender e aproveitar ao máximo todas as oportunidades que abre un mercado cada vez máis esixente”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.