Marta Fernández-Tapias reuniuse na Sede de Vigo con representantes da Orquestra Clásica de Vigo

18/12/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, reuniuse esta mañá na Sede de Vigo da institución provincial con representantes da Orquestra Clásica de Vigo. Na xuntanza, na que a vicepresidenta trasladou o firme compromiso e a aposta pola cultura do Goberno provincial, abordáronse posibles liñas de colaboración entre as entidades de cara ao vindeiro ano.

Neste aspecto, Marta Fernández-Tapias aproveitou a ocasión para darlle a coñecer á Orquestra Clásica de Vigo o programa “Culturea”, o novo plan de apoio aos colectivos culturais da provincia, que en 2024 estará dotado cun millón de euros. “Un plan que encherá de cultura a provincia de Pontevedra, contará con máis capilaridade, será máis diverso e amplo, e contará cunha maior difusión, con perfís propios en redes sociais” explicou a vicepresidenta.