Luis López e Rafa Domínguez visitan co produtor José Manuel Lorenzo o convento de Santa Clara, no que rodará a súa próxima serie

10/11/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente segundo, Rafa Domínguez, visitaron este venres o convento de Santa Clara co produtor executivo de DLO Producciones, o pontevedrés José Manuel Lorenzo, quen está traballando nunha nova serie que se distribuirá a nivel internacional e que terá o convento de Santa Clara e outras localizacións da cidade de Pontevedra como escenarios principais.

“Para a Deputación de Pontevedra é un honor que pensen en Pontevedra, na nosa provincia e en localizacións coma Santa Clara ou o museo para rodar unha serie que se verá en 150 países”, sinalou o vicepresidente.

Galerias de imagenes