CLUB DE LECTURA

“O BOSQUE DOS CONTOS”

Hematocrítico ilustrado por Alberto Vázquez

Actividade con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun club de lectura. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h


Esta actividade procura dous obxectivos básicos: o fomento da aprendizaxe da lectura, entendida como fonte de coñecemento e diversión, e a dinamización da propia exposición, que convida a adestrar a imaxinación e gozar do pracer de ler.

Serán tres clubs de lectura con dúas sesións cada un.

As nais, pais ou titores das e dos menores, ata un máximo de dous, poderán estar presentes nas actividades se o desexan, ben acompañando aos pequenos no desenvolvemento da actividade, ben presenciándoa.

  • Número máximo de participantes: 25
  • Duración de cada sesión: 90 minutos
  • Idades: as recomendadas para a lectura en cada obra
  • Lugar: Sede da Deputación en Vigo
  • Horario: sábados, de 12:00 a 13:30 h
Día Actividade Idades  
15 de novembro Primeira sesión do club, co libro Como escorrentar un lobo - COMPLETO De 9 a 12 anos +Info COMPLETO
22 de novembro Primeira sesión do club, co libro Canta miña compañeira A partir de 9 anos +Info
29 de novembro Primeira sesión do club, co libro Os contos do lobicán - COMPLETO De 6 a 12 anos +Info COMPLETO
6 de decembro Segunda sesión do club, co libro Como escorrentar un lobo.
Visita de Antonio Manuel Fraga - COMPLETO
De 9 a 12 anos +Info COMPLETO
13 de decembro Segunda sesión do club, co libro Canta miña compañeira.
Visita de María Lado
A partir de 9 anos +Info
20 de decembro Segunda sesión do club, co libro Os contos do lobicán.
Visita de Eva Mejuto - COMPLETO
De 6 a 12 anos +Info COMPLETO

 

 

DINAMIZADORA DO CLUB DE LECTURA