Luisa Sánchez asiste en Vigo aos actos centrais da Policía Nacional co gallo dos seus patróns, os Ánxeles Custodios

02/10/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou en Vigo nos actos centrais organizados este ano pola Policía Nacional co gallo dos seus patróns, os Santos Ánxeles Custodios. Tras asistir na noite deste mércores á gala de entrega dos Premios Policía Nacional, a representante provincial amosou na mañá deste xoves o seu respaldo ás forzas de seguridade durante o desfile que se desenvolveu no centro da cidade, coa presenza de miles de axentes procedentes de varios puntos de España e pertencentes a diferentes unidades policiais.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.