Luisa Sánchez visita o obradoiro de ximnasia de mantemento para maiores na AV Doutor Fleming de Vigo
06/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou o obradoiro de ximnasia de mantemento para persoas maiores que se comezou a impartir na Asociación Veciñal Doutor Fleming de Vigo no marco do programa Provincia Activa. Un total de 21 persoas participan nesta actividade á que acudiu Luisa Sánchez para desexarlles un bo inicio de curso. Con este programa, a Deputación de Pontevedra procura promover o envellecemento activo das persoas maiores a través da súa participación en talleres temáticos. A institución provincial pon a disposición das persoas xubiladas e pensionistas un total de 160 iniciativas, con 25 prazas cada unha.
