Luisa Sánchez visita en Cabral un taller de restauración de mobles e tapicería dentro do programa Provincia Activa
06/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou este martes no Centro Recreativo e Cultural de Cabral o taller dedicado a restauración de mobles e tapicería no que participan 17 persoas no marco do programa Provincia Activa. O curso, que comezou este martes, ten como obxectivos principais coñecer e empregar as técnicas de restauración, aplicación de produtos, pintura e tapicería, ademais de adquirir a destreza con diferentes técnicas e acabados. Co programa Provincia Activa, a Deputación de Pontevedra busca promover o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través da súa participación en talleres temáticos. A Deputación pon a disposición das persoas xubiladas e pensionistas un total de 160 talleres con 25 prazas cada un.
