A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de preto de 160.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética nos campos das Cercas e as Gaiandas, en Gondomar

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou hoxe o campo de fútbol das Cercas, onde se van investir recursos provinciais do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para atender a demanda do goberno local

13/03/2025

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou hoxe o campo de fútbol das Cercas

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou xunto co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, o campo de fútbol das Cercas onde anunciou que a Deputación aprobará na Xunta de Goberno deste venres unha inxección económica de máis de 150.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética da iluminación deportiva deste campo e do das Gaiandas. Farao a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que está dotado con oito millóns de euros (o dobre que na súa primeira edición), un programa co que a institución provincial está a transformar e modernizar os equipamentos deportivos da provincia. De feito, ao abeiro deste plan, Gondomar recibirá este ano un 65% máis de recursos que na anterior edición, cando se beneficiou de 94.159 euros para dous proxectos de acondicionamento das pistas deportivas das Cercas.

Vázquez Almuíña deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos (concretamente 156.427 €), cos que se busca solucionar os problemas existentes na instalación de alumeado, cambiando as lámpadas actuais por luminarias LED, que precisan menos da metade de potencia eléctrica, o que mellorará a eficiencia enerxética e a calidade do alumeado, diminuíndo ademais as operacións de mantemento das instalacións. En concreto, no campo das Cercas substituiranse 16 luminarias HM de 1.000 W por 12 proxectores de 1.290W, e no das Gaiandas outras 12 luminarias HM, neste caso de 2.000 W, por 16 proxectores de 1.290W. Ademais, revisaranse os cadro xerais e os armarios eléctricos actuais.

 “Estamos co deporte e estamos cos concellos, e esta actuación é unha boa mostra diso”, asegurou Jesús Vázquez Almuíña, que lembrou que “a dotación e mantemento das instalacións deportivas son moi custosos e por iso estamos facendo un esforzo excepcional nesta materia con programas como o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas”. O deputado aproveitou a ocasión para lembrar que o deporte é un dos eixos prioritarios do goberno da Deputación, de xeito que “este ano temos máis recursos que nunca para o deporte. Temos un modelo claro para o territorio que se basea en converter Pontevedra na provincia deporte e no grande estadio deportivo do mundo”.

Noticias relacionadas

{"classPK":12645301,"groupId":"37861","name":"20250423_jesus-vazquez-almuina_gondomar-santa-baia-donas.jpg","alt":"","title":"20250423_jesus-vazquez-almuina_gondomar-santa-baia-donas.jpg","type":"document","uuid":"b3a21077-9838-787a-64a9-57ecb283b48f","fileEntryId":"12645301","resourcePrimKey":"12645469"}

A Deputación avanza que destinará máis de 1,2 millóns de euros á financiación íntegra da mellora do espazo público na contorna da igrexa e cemiterio de Santa Baia de Donas, en Gondomar

  23/04/2025

{"classPK":12422204,"groupId":"37861","name":"20250319_belen_cachafeiro_pavillon_bandeira_II_PEID.jpg","alt":"Mellora integral do pavillón municipal de deportes da Bandeira","title":"20250319_belen_cachafeiro_pavillon_bandeira_II_PEID.jpg","type":"document","uuid":"b213eae4-bcf5-9e21-00e5-f0838945932b","fileEntryId":"12422204","resourcePrimKey":"12422219"}

A Deputación avanza que este venres aprobará 131.000 euros para a mellora integral do pavillón municipal de deportes da Bandeira en Silleda

  19/03/2025

{"classPK":12397786,"groupId":"37861","name":"20250314_roldaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Rafa Domínguez","title":"20250314_roldaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"596253fc-8687-9efe-8991-2f3a8ad19476","fileEntryId":"12397786","resourcePrimKey":"12397903"}

A Deputación aproba achegas por valor de máis de 1,1 millóns de euros para que oito concellos da provincia realicen melloras en equipamentos deportivos

  14/03/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.