Luisa Sánchez salienta o impacto de Move It Vigo na mocidade e o seu retorno económico grazas á chegada de visitantes do resto de España e de Portugal

Máis de 1.800 participantes de toda España daranse cita o 11 de abril no Ifevi na quinta edición do evento, consolidándose como “referente” da danza urbana en Galicia

30/03/2026

Luisa Sánchez salienta o impacto de Move It Vigo na mocidade e o seu retorno económico grazas á chegada de visitantes do resto de España e de Portugal

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, salientou o impacto do evento de danza urbana Move It Vigo na mocidade e o seu retorno económico grazas á chegada de visitantes do resto de España e de Portugal.

Durante a presentación da quinta edición do certame, que tivo lugar na sede viguesa da Deputación de Pontevedra, a representante provincial remarcou que Move It Vigo xa se consolidou como “referente” da danza urbana en Galicia. No acto participaron tamén a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; e a directora e organizadora do evento, Raquel Rodríguez.

A competición celebrarase o vindeiro 11 de abril no Ifevi, onde se reunirán máis de 1.800 participantes procedentes de toda España e das catro provincias galegas, convertendo a cidade nun punto de encontro da danza urbana e proxectando unha imaxe “moderna, activa e creativa” da provincia. Ademais, as entradas para presenciar o espectáculo están preto de esgotarse.

Esta quinta edición chega, ademais, con novidades como a incorporación da Categoría Profesional e da Categoría Megacrew Kids, que “reforzan a posición do evento e a súa aposta pola canteira, garantindo que Move It ten presente pero tamén moito futuro”. Neste sentido, Luisa Sánchez destacou o compromiso institucional co “ocio e o espectáculo” pero tamén “coa xuventude e co talento”.

Ademais, a vicepresidenta provincial destacou a calidade artística da competición, na que hai participantes de todas as idades. “Ver a nenos e nenas, xunto a mozos e profesionais, subirse a un escenario e despregar ese nivel de técnica, coordinación e expresividade… É imposible non quedar coa boca aberta”, valorou.

Igualmente, Luisa Sánchez subliñou o espírito do evento, definíndoo como “unha forma de entender a vida con enerxía e creatividade”, e incidiu nos valores que defende Move It Vigo. “Transmite bo ambiente, convivencia e compañeirismo entre escolas, con familias enteiras gozando da danza urbana”, indicou.

“Move It Vigo representa moi ben o que queremos para Vigo e para a provincia de Pontevedra: talento, cultura viva e espazos onde a xente poida expresarse”, concluíu Sánchez, convidando a toda a cidadanía a asistir ao evento: “Porque quen vén unha vez… repite”.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":15028674,"groupId":"37861","name":"20260329_campionato_provincial_bateis_01.jpg","alt":"Luisa Sánchez reivindica o remo base na entrega de premios do Campionato Provincial de Bateis Deputación de Pontevedra","title":"20260329_campionato_provincial_bateis_01.jpg","type":"document","uuid":"19dc0b2c-d326-f450-7e40-e53cb31f4346","fileEntryId":"15028674","resourcePrimKey":"15028694"}

Luisa Sánchez reivindica o remo base na entrega de premios do Campionato Provincial de Bateis Deputación de Pontevedra

  29/03/2026

{"classPK":15029069,"groupId":"37861","name":"20262903_procesion_borriquita.jpg","alt":"","title":"20262903_procesion_borriquita.jpg","type":"document","uuid":"5712adb3-1c6c-e29a-2661-2e3cf13a962f","fileEntryId":"15029069","resourcePrimKey":"15029495"}

Luisa Sánchez celebra o Domingo de Ramos xunto a centos de fieis na misa e procesión da Borriquita en Vigo

  29/03/2026

{"classPK":15010220,"groupId":"37861","name":"20262603_apoio_reconquista_vigo_01_cortada.jpg","alt":"Luisa Sánchez, anunciou que a xunta de goberno provincial aprobará este venres unha declaración oficial de apoio á Reconquista de Vigo para a súa designación como festa de interese turístico internacional.","title":"20262603_apoio_reconquista_vigo_01_cortada.jpg","type":"document","uuid":"214f0048-a292-2a49-7249-f6e76f3c2b14","fileEntryId":"15010220","resourcePrimKey":"15010245"}

A Deputación de Pontevedra dá o seu apoio á Reconquista de Vigo como festa de interese turístico internacional

  26/03/2026