Luisa Sánchez reivindica o talento e a capacidade da provincia para converterse nun escenario audiovisual de referenciA
21/05/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves en Vigo na presentación da segunda edición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de xuño co apoio da institución provincial a través da Rías Baixas Film Commission. Durante o acto, reivindicou o talento creativo e a capacidade da provincia para converterse nun escenario audiovisual de referencia grazas aos seus profesionais e ás súas localizacións.
