A Deputación aproba o expediente para contratar as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada que une Forcarei coa Estrada, ao que destinará 570.000 euros

A actuación execútase a través dun convenio co Concello, polo cal a institución provincial asume o 80% do orzamento e o Concello o 20% restante

30/10/2026

A Deputación aproba o expediente para contratar as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada que une Forcarei coa Estrada, ao que destinará 570.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que a Xunta de Goberno aprobou o expediente para contratar as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-7001 que une Forcarei coa Estrada, concretamente nun treito de preto dun quilómetro que conecta o campo de fútbol municipal co centro de Forcarei. As obras teñen un orzamento de 570.000 euros e estarán financiadas ao 80% pola Deputación e ao 20% restante polo Concello de Forcarei.

A súa actuación principal será mellorar a mobilidade peonil da vía a través dunha senda peonil de 2,5 metros na marxe esquerda, e tamén se mellorará o tráfico rodado a través da reposición do firme en todo o ámbito de actuación. Ademais, mellorarase o sistema de drenaxe coa instalación de novos colectores soterrados e a execución de sumidoiros e cunetas revestidas, e renovaranse tanto a iluminación, con novos puntos de luz, como a sinalización horizontal. O prazo de execución será de seis meses.

O obxectivo é salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria. “Continuamos traballando para a transformación das estradas provinciais, co obxectivo de alongar a súa vida útil e garantir a súa seguridade”, asegurou o presidente provincial.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.