Araucaria da illa de Norfolk do pazo de Lourizán

Araucaria da illa de Norfolk do pazo de Lourizán
  • Especie: Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco
  • Familia: Araucariaceae
  • Altura: 33,50 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 3,60 m
  • Diámetro da copa: 20,20 m
  • Idade estimada: 140-150 anos
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Santo André de Lourizán
  • Lugar: pazo de Lourizán
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T527566;4695350
  • Coordenadas Google: 42.409969594749846, -8.664978206475325

Sen dúbida, a localización desta árbore na fachada do pazo contribúe a aumentar o seu valor. Trátase dunha árbore de impresionante arquitectura, coa clásica ramificación en verticilos, que forman os chamados pisos.

O tronco permanece indiviso ata os 3,60 m de altura, onde se comeza a formar a maxestosa copa. Ese tramo sen ramificación permite contemplar a base do fuste, con numerosas cicatrizacións arredondadas consecuencia da caída das pólas inferiores.

A copa, formada por extensas ramas horizontais, ten forma de cono truncado, xa que a parte superior parece case plana, e consegue unha altura superior a trinta e tres metros.