Árbores de Xúpiter do pazo de Casal Novo

Árbores de Xúpiter do pazo de Casal Novo
  • Especie: Lagerstroemia indica L.
  • Familia: Lythraceae
  • Altura: 8,60; 9,80 e 9,20 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 3,00; 2,29 e 1,63 m
  • Diámetro da copa: 8,05; 8,10 e 10;20 m
  • Idade estimada: máis de 100 anos
  • Concello: Caldas de Reis
  • Parroquia: Santa María de Caldas de Reis
  • Lugar: pazo de Casal Novo, Os Barreiros
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T529702:4715399; 29T529724:4715410 e 29T529737:4715430
  • Coordenadas Google: 42.59044009939773, -8.637990913506519; 42.59053831304594, -8.637722208213884; 42.59068650190541, -8.637642011729803

Tres árbores de Xúpiter de características morfolóxicas semellantes medran nos xardíns do pazo de Casal Novo e destacan pola súa dendrometría e pola rareza no uso desta especie na época en que foron plantadas, posiblemente a principios do século XX. Dúas delas están situadas no xardín da terraza superior, fronte ao pazo, e a terceira atópase nun xardín lateral, na seguinte terraza, denominado xardín do cruceiro.

As que están fronte ao pazo ramifícanse desde a base e a do xardín do cruceiro faino a unha altura de 1,5 m. As súas copas son irregulares, con tendencia a un perfil redondeado; as tres sufriron perdas de grandes ramas que foron substituídas por outras que acadaron bos tamaños e acompañan a outras máis pequenas. A mellor época para gozar contemplando estes exemplares é a finais do verán, cando amosan a súa espectacular floración.