Freixo de folla estreita da Foz do Rego dos Eidos

Freixo de folla estreita da Foz do Rego dos Eidos
  • Especie: Fraxinus angustifolia Vahl.
  • Familia: Oleaceae
  • Altura: 20,90 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 4,77 m
  • Diámetro de a copa: m
  • Idade estimada: 100-150 anos
  • Concello: Tomiño
  • Parroquia: San Pedro de Forcadela
  • Lugar: Foz do Rego dos Eidos
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T522609;4647297
  • Coordenadas Google: 41.97734604946231, -8.727099426736999

Crece esta fermosa árbore entre as pedras dun muro construído na desembocadura do rego dos Eidos no río Miño, o que contribúe, posiblemente, a aumentar a súa espectacularidade. O seu fuste crece con moita verticalidade e consegue grande altura. Non ten unha cruz ben definida, polo que a copa, moi vistosa e de grandes dimensións, comeza a formarse a partir dos oito metros de altura, onde aparecen as primeiras ramificacións. Mágoa que a contorna do rego estea cuberto por silveiras que dificultan poder achegarse á base do freixo.