Palmeiras de abano mexicanas do pazo de Fefiñáns

Palmeiras de abano mexicanas do pazo de Fefiñáns
  • Especie: Washingtonia robusta H. Wendl.
  • Familia: Arecaceae
  • Altura: 24,50 e 22,40 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 1,70 e 1,85 m
  • Diámetro de copa: 2,70 e 2,85 m
  • Idade estimada: 130 anos
  • Concello: Cambados
  • Parroquia: Santa Mariña
  • Lugar: pazo de Fefiñáns
  • Coordenadas UTM (X;Y, ETRS 89 FUSO 29): 29T515393; 4707517
  • Coordenadas Google: 42.51987780603709, -8.812595480361317

Palmeira orixinaria do noroeste de México e utilizada como árbore ornamental. É frecuente en aliñacións ou avenidas en lugares próximos ao mar, aínda que tamén resiste o frío. A parella de palmeiras case xemelgas, que comparte espazo con loureiros, destaca pola súa altura e sobresae no medio das demais árbores do xardín Os troncos aséntanse sobre anchas bases e ten estipes nús, dereitos e moi verticais. A coroa foliar sitúase a máis de 23 metros de altura e está formada polo clásico penacho de palmas en abano (follas). O perímetro normal do tronco achégase aos dous metros.