Luisa Sánchez defende a protección do monte e do mar como grandes patrimonios naturais de Vigo

05/11/2026

Luisa Sánchez defende a protección do monte e do mar como grandes patrimonios naturais de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na apertura da segunda edición do Xoves Verde, organizado este xoves en Vigo polo diario dixital Treintayseis, cunha intervención centrada nos retos ambientais e no desenvolvemento sustentable do territorio. A representante provincial na cidade defendeu a necesidade de construír un Vigo “verde e azul”, que protexa os seus dous grandes patrimonios naturais: o monte e o mar. Neste sentido, reivindicou a recuperación do proxecto do Anel Verde de Vigo, que require da implicación de todas as administracións. Do mesmo xeito, avogou por unha economía azul que combine o aproveitamento responsable dos recursos mariños e o crecemento económico.