Luisa Sánchez acompaña á veciñanza na XIX Festa Veciñal de Teis

12/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á XIX Festa Veciñal de Teis, celebrada na Praza da ETEA e organizada pola Asociación Veciñal de Teis. A xornada contou cun programa que incluíu música, xantar, animación e actividades para todas as idades. A celebración deste ano tivo un carácter especial ao coincidir co 50º aniversario da fundación da AV de Teis, unha das entidades veciñais máis veteranas e activas de Vigo. Luisa Sánchez puxo en valor tamén a capacidade da Praza da ETEA para acoller actividades abertas á cidadanía.

Galerias de imaxes